A Asemblea de Montes de Vigo recibe os primeiros datos do proxecto "Montes de Vigo 2046"

Un dos puntos da orde do día da Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo foi a información de seguimento do Proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor". Deuse a coñecer os avances que a Universidade de Vigo está a realizar no tócante ao estudo dos servizos ecosistémicos relacionados cos servizos recreativos, os recursos hídricos e a captación de CO2.
Un resumo do realizado no período setembro-decembro 2024 presentouse no Boletín Informativo nº2 (VER BOLETÍN), facendo mención á Mesa Redonda realizada en outubro baixo o título "O papel dos montes de Vigo na cidade: presente e futuro" na que partipou Uxío González, Presidente de Montes de Vigo, e Salustiano Mato, Catedrático de Bioloxía Ambiental (VER VIDEO).

A partir destes datos iniciais que se están a concretar para cada unha das 14 comunidades de montes membros da Mancomunidade está previsto realizar xuntanzas personalizadas con cada unha delas ao longo deste primeiro trimestre de 2025, incorporando tamén as análises estratéxicas que están a elaborar os asesores técnicos do proxecto.
No debate realizado na sesión puxéronse de manifesto algúns avances de estratexias que permitirían abordar de formas alternativas a xestión de servizos recreativos como os parques forestais e demáis infraestruturas que gozan máis de 300.000 cidadáns e cidadás de Vigo.
“Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU