A Comunidade de Montes de Lavadores bota a andar a Área Recreativa

Simulación da Área Recreativa da Comunidade de Montes de Lavadores

O Presidente da Comunidade de Montes de Lavadores fixo de anfitrión do alumnado e profesorado do CEIP Fonte Escura, dándolle a coñecer aos asistentes que eran os primeiros usuarios e usuarias da Área Recretativa que se está a programar para ese espazo e que será a número 18 da Mancomunidade de Montes de Vigo. Atópase a carón do IES Ricardo Mella.

O Presidente de Montes de Vigo agradeceu esta iniciativa que pón en evidencia o compromiso que teñen as comunidades de montes de Vigo no uso social do monte.

Na actividade aproveitouse para facer a plantación de carballos e castiñeiros que, xunto cos xa existentes na parte baixa, formarán un bosque para uso e disfrute da cidadanía viguesa.

RESUMO DE PRENSA: Atlántico Diario (AQUI) e Faro de Vigo (AQUI

Alumnado do CEIP Fonte Escura no momento da plantación cos Presidentes das CM de Lavadores e da Mancomunidade de Montes de Vigo

Unha vez inaugurada a Área Recreativa, todos os participantes tiveron tempo para gozar do merendeiro creado para a ocasión e a área de xogos, cun ambiente festivo e lúdico.

Tamén houbo tempo para ver a exposición dos Servizos Ecosistémicos promovida no marco de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor". Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU