A Comunidade de montes de Matamá forma a veciñanza da parroquia en micoloxía

A formación de comuneiras e comuneiros de Matamá foi unha das accións previstas na dinamización dos coutos micolóxicos previstos dentro do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".
Nas dúas sesións realizadas os días 20 e 21 de maio abordáronse contidos básicos de micoloxía, a dinámica dos coutos micolóxicos e fixéronse prácticas de cultivo micolóxico co obxectivo de potenciar a presenza de fungos nun monte queimado en 2017 e que nestes momentos atópase en proceso de rexeneración.
Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU
