A Delegada Territorial da Xunta visita o inicio do IV Obradoiro Forestal nos Montes de Vigo

A Delegada Territorial da Xunta co alumnado do IV Obradoiro Forestal nos montes de Vigo

O pasado 2 de decembro botou a andar o IV Obradoiro Forestal nos Montes de Vigo cunha duración prevista de 9 meses e coa participación de 10 alumnos e alumnas. Con tal motivo, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortíz, visitou as actividades docentes do obradoiro e deu a vendida ao alumnado e persoal do mesmo.

Durante a visita, na que estivo presente o Presidente de Montes de Vigo, Uxío González, puidose comprobar a dinámica dun día de formación e compartir o plan de traballo previsto para os vindeiros meses.

Ao final da formación o alumnado poderá obter o certificado de profesionalidade relacionado coa actividade de peón forestal, así como dispór dun ano de experiencia profesional no sector. Os traballos a desenvolver terán lugar en 10 das comunidades de montes membros de Montes de Vigo e arrancarán a partir de mediados do mes de xaneiro.