A X Andaina polos montes de Vigo acolle a centos de viguesas e vigueses de todas as idades
A Andaina polos montes de Vigo chega a súa X edición atravesando os montes de Cabral e de Candeán e con 855 participantes de todas as idades, que puideron completar dende 20km na andaina longa ata 2km na peque-ruta, pasando polos 12km da andaina media e 6km da andaina curta. Ao finalizar as andainas houbo ocasión para contemplar as exposicións presentadas e realizar actividades lúdicas por parte dos máis cativos.
Esta actividade organizada pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Vigo e Vegalsa-Eroski, centrouse nesta edición na presentación do servizos ecosistémicos que os montes de Vigo proporcionan á sociedade, particularmente os recreativos-culturais, os hídricos e os asociados coa captación de CO2. Abaixo atopades un resumo dos contidos da campaña
A climatoloxía, que ata as 11:15 estivo con chubascos intermitentes, logo acompañou o evento e posibilitou gozar tanto dos distintos traxectos como da estadía no Parque Forestal do Vixiador ao final, tal e como se recolle na web de Camiño a Camiño (VER AQUI). Un resumo de seguido:
_________________________________________________________________________________
OS SERVIZOS ECOSISTÉMICOS DOS MONTES DE VIGO (ver exposición detallada AQUI)








