A XI Semana Micolóxica analizou distintos modelos de coutos, percibindo distinto enfoque según a presión social recibida

Presentación da xornada do venres por parte do Presidente de Montes de Vigo

Como colofón da programación de outono das actividades de micoloxía tiveron lugar entre o xoves 6 e o venres 7 dúas mesas redondas nas que se presentaron as experiencias de coutos micolóxicos de Paupariña (As Pontes de García Rodríguez), de Cogomelos+ (grupo de investigación Uxaforest da USC en Lugo), da Comunidade de Montes de Salgueirón (Mos) e da Comunidade de Montes de Paraños (Covelo).

Todas as poñencias fixeron fincapé na importancia de crear cultura de micoloxía entre a poboación para entender como os cogomelos unha parte importante da biodiversidade existente, sen etiquetas que orienten á depredación dos mesmos. Tamén resulta moi relevante entender a presión social que recibe o monte, porque nese caso os coutos axudan a regular o acceso e moderar a citada depredación. Neste senso, unha ida importante é realizar saídas micolóxicas dun tamaño limitado e contado con guías micolóxicos que permitan difundir a cultura anteditas.

Presentación de Cogomelos+
Presentación de Paupariña (As Pontes de García Rodríguez)

Ao longo da última mesa redonda, presentáronse datos do traballo realizado no proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" e no que se está a promover un modelo de couto micolóxico en Beade e Matamá aberto a través do "Club de Amig@s de Montes de Vigo". Tamén se falou das actividades de formación e divulgación realizadas, que abrangueron tanto o outono de 2024 e 2025 como a primavera de 2025, no que tamén xe ampliu a acción en xuño coa sesión sobre herbas de San Xoán.

Mesa redonda do venres 7
Actividade de micorrización en Beade e Matamá

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU