Aberta a inscrición da XI Andaina polos montes de Vigo que se celebra o 31 de maio

Participantes na Andaina polos montes de Vigo

Montes de Vigo participa na organización da XI Andaina polos montes de Vigo promovida pola Concellería de Medio Ambiente e que conta coa colaboración de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns (localización Google Maps)

Inscrición no 010  ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións e actividades infantis.

O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade.

Os percorridos detallados con horarios e trazados están dispoñibles na web de VigoNature (AQUI).