Co gallo do 30 aniversario da Mancomunidade preténdese lograr a creación da Fundación Montes de Vigo 2046

Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo na que se aproba a creación da Fundación

Unha das principais conclusións do proxecto de análise e planificación realizado en colaboración coa Universidade de Vigo e con Selga durante 2024-25 foi a necesidade de implicar á sociedade viguesa na provisión dos servizos ecosistémicos que proporcionan os montes de Vigo (ver ENLACE á Xornada de Clausura).

Para tal fin a Asemblea da Mancomunidade de Montes de Vigo de xaneiro de 2026 acordou como reto para este ano a constitución da Fundación "Montes de Vigo 2046", como lugar de encontro entre Comunidades de Montes e axentes, tanto institucionais como sociais -empresas, entidades sociais, etc-.

A día de hoxe xa se levan realizado varios pasos nesta dirección, presentando á proposta a varias entidades candidatas a participar no Padroado da Fundación. No eido institucional xa teñen atendido á proposta a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e, despois de semana santa, está previsto que o faga o Concello de Vigo. No eido social xa se ten presentado á Federación Veciñal Eduardo Chao, ao Círculo de Empresarios e nas vindeiras semanas están previsto que se faga a outros axentes culturais e deportivos.

En definitiva, estase configurando un ecosistema de actores implicados en que os montes de Vigo exerzan un papel clave no benestar social. Nos seguintes esquemas sintetízase ese ecosistema e a proposta estratéxica para captar recursos que sosteñan no tempo a provisión dos servizos ecosistémicos:

ECOSISTEMA DE ACTORES CORRESPONSABLES

ESQUEMA ESTRATÉXICO PARA A SOSTIBILIDADE DO SISTEMA: