Arranca o outono apañando castañas nos montes de Comesaña
%20apa%C3%B1ando%20casta%C3%B1as2.jpg)
As actividades de outono promovidas por Montes de Vigo 2046 botan a andar cos primeiros fríos de outono.
Nesta ocasión da mán dos comuneiros de San Andrés de Comesaña que convidaron aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP Párroco Don Camilo a facer unha apañada no souto de castiñeiro que coidan con tanto esmero. Unha mañá moi luminosa e de conexión cos valores da parroquia de Comesaña.
Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU
%20red.jpeg)