Arrancan os cursos de micoloxía de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor"

Este sábado 4 de outubro arranca o ciclo de cursos programados na Aula Micolóxica "Montes de Vigo 2046" para a tempada de outono 2025. Unha ampla participación asistiu ao Curso básico de micoloxía no que se sentaron as bases para iniciarse na arte da identificación dos cogomelos e o contexto no que se desenvolven nos montes de Vigo.

Nos seguintes días terán lugar os cursos de profundización e saídas micolóxicas (ver PROGRAMACIÓN e INSCRICIÓN).

O seguimento desta sesión realizouse sobre a base das láminas dispoñibles na sección montesdevigo.org/2046/micoloxia (AQUI)

Na última parte da sesión, a pesares da choiva, tivo lugar un pequeno percorrido polo Parque Forestal de Beade, onde teñen lugar os cursos.

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationE

Tania, a vicepresidenta da Comunidade de Montes de Beade, explicando o couto micolóxico promovido na súa comunidade.
Hugo, de MycoGalicia, facendo unha explicación sobre o terreo escapando da choiva
Cogomelos recollidos para realizar as explicacións iniciais