Beade - Couto micolóxico

COUTO MICOLÓXICO
Información básica | Especies | Normativa e Permisos | O Couto de Beade | Aula Micolóxica e Programación
Información básica
Que é un couto micolóxico?
Un couto micolóxico é unha figura de ordenación creada para regular e organizar o aproveitamento dos cogomelos silvestres nunha determinada área.
Na Comunidade Autónoma de Galicia, os coutos micolóxicos foron recoñecidos oficialmente a partir do ano 2014 e desenvolto no Decreto 73/2020 da Xunta de Galicia.
Trátase dunha ferramenta de xestión sostible, pensada para compatibilizar o aproveitamento recreativo e económico dos cogomelos coa conservación dos ecosistemas forestais. Un couto micolóxico é, polo tanto, un espazo forestal delimitado e regulado, no que a recollida de cogomelos está sometida a unha autorización.
Por que son importantes os coutos micolóxicos?
Os coutos micolóxicos naceron como resposta a un problema crecente: a sobreexplotación dos recursos micolóxicos. O aumento do interese polos cogomelos, tanto como recurso gastronómico coma polo seu valor económico, provocou en moitos montes unha presión excesiva sobre os hábitats forestais.
Principais especies comestibles e tóxicas nos montes de Vigo:

Normativa:
1. Prohibida a apaña de cogomelos sen posesión de permiso
2. Prohibido o transporte de cogomelos en bolsas plásticasou recipientes non aireados
3. Extraer os cogomelos enteiros do chan, sen cortar o pé
4. Deixar o entorno como estaba antes do noso paso: nonempregar ferramentas que alteren o solo
5. Non recolectar cogomelos novos nen vellos: permitir quecumplan o seu ciclo vital
6. Non apañar cogomelos de noite
7. Recolección máxima por persoa e día: 2 quilogramos
8. Non está permitida a recollida nen luns nen martes, agásfestivos
9. Non deixar basura no monte, empregar contenedores
10. Só estápermitido a apaña dos cogomelos indicados no Código Alimentario Español e grupos afíns
Permisos:
a) Permiso diario recreativo (para un só día, 5 euros, xestionado por MycoGalicia Plantae): AQUI
b) Permiso anual recreativo (anual, gratuíto, supón a inscrición no Club "Amig@s dos montes de Vigo" xestionado pola Mancomunidade de Montes de Vigo): AQUI
O COUTO MICOLÓXICO DE BEADE

Aula micolóxica de Beade
En primavera e en outono, en colaboración con Montes deVigo, desenvólvense actividades de formación básica e saídas micolóxicas co obxecto de introducirse ao mundo da micoloxía e, ao mesmo tempo, coñecer as normas de funcionamento do Couto micolóxico.

Programación Outono25:

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationE