Boletín Montes de Vigo 2046 nº 5 xa dispoñible

Nesta quinta e derradeira entrega do Boletín Montes de Vigo 2046 recóllese o avance das conclusións do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" que se veu desenvolvendo entre 2024 e 2025 por parte da agrupación entre Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Montes de Vigo. Ao longo deste tempo realizáronse dous exercicios principalmente:
• Por unha banda, a diagnose e valoración dos servizos ecosistémicos que os montes de Vigo aporta á cidadanía viguesa, centrándose nos recreativo-culturais, de regulación hídrica e de captación de carbono.
• Por outra banda, a definición dunha estratexia a futuro que permita establecer un modelo de xestión sostible dos montes de Vigo no horizonte de 2046 -ano no que se celebra o 50 aniversario da creación da Mancomunidade-.
A modo de avance do traballo realizado, e que se detallará na Xornada de Clausura prevista par ao día 10 de decembro de 2025 -así como no dossier que se subirá nese momento-, algúns dos datos máis significativos recóllense neste Boletin.
Neste ENLACE está dispoñible o Boletín informativo nº 5
