Sesión de traballo sobre os coutos micolóxicos nos montes de Vigo

Este mércores 24 de abril tivo lugar a primeira sesión de traballo de preparación dos coutos micolóxicos que están previsto crear nas comunidades de montes de Beade e de Matamá dentro do proxecto "Montes de Vigo 2046".

Participantes na sesión de traballo das comunidades de montes de Beade e Matamá

Participaron comuneiros e comuneiras de ambas comunidades para coñecer de preto en que consiste un couto micolóxico e como se pode implantar.

A sesión estivo dinamizada por Mycogalicia Plantae, asesora desta iniciativa, e abordáronse aspectos normativos, organizativos, de dinamización e de cultivo e aproveitamento. Tamén houbo ocasión de coñecer coutos micolóxicos que están funcionando en Galicia e que serven de referente.

Visita micolóxica polo monte de Beade (26/4/24)

Esta actividade forma parte da Acción 3 do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU