Descubrindo as herbas de San Xoán nos montes de Vigo

A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coas comunidades de montes de Beade e Matamá organizan unha serie de accións formativas dirixidas a afondar no coñecemento dos recursos que ofertan os montes que están a promover os coutos micolóxicos dentro do proxecto Montes de Vigo 2046.

Están previstos dous programas nos que haberá unha charla de iniciación e posteriormente unha saída de identificación e recollida:

Programa aberto dirixido aos Amig@s dos Montes de Vigo: sábado 21 de xuño, de 10 a 13 horas, no Parque Forestal de Beade (AQUI)

INSCRICIÓN AQUI. Límite de prazas: 30

Programa de formación interna das Comunidades de Montes:

a. Comunidade de Montes de Matamá: xoves 19 de xuño, de 19 a 21 horas, no Parque Forestal do Maruxento

b. Comunidade de Montes de Beade: luns 23 de xuño, de 9 a 12 horas, no Parque Forestal de Beade

INSCRICIÓN NAS COMUNIDADES

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU