Entrevista en Atlántico TV ao presidente de Montes de Vigo con motivo dos lumes de agosto 2025

Atlántico Diario realizoulle unha entrevista a Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, con motivo da vaga de lumes que sofre Galicia durante este mes de agosto de 2025 (Ver YOUTUBE)

Coincide no tempo cunha tira de Dávila (ver Faro de Vigo) que reproduce gráficamente do que se está a falar:

Reproducimos de seguido a entrevista titulada (ver ATLÁNTICO DIARIO): "Nin Vigo nin ningún lado está libre dun gran incendio, non se aprendeu nada do 2017"

Uxío González é presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, unha entidade que leva máis de 25 anos traballando para o coidado da natureza viguesa e con preto de 3.500 comuneiros nas súas filas. Traballan na prevención e na reivindicación para que os montes vigueses non sufran o mesmo que sucedeu nos lumes do 2017. Son 14 as comunidades que están dentro da entidade: Beade, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Lavadores, Matamá, Oia, Saiáns, Teis, Valadares e Zamáns, xunto coa Entidade Local Menor de Bembrive.

Os incendios agora están a asolar Galicia e Ourense, en particular. Porque está a suceder isto?

Da medo todo o que está a suceder en Galicia nestes días. Pero e que se leva anos avisando de que isto iba a suceder. O punto de inflexión para nos, para a Mancomunidade de Montes de Vigo, estivo no 2017. Antes era unha tendencia el ter lume no verán, pero a partir de aí foi cando empezaron a ser máis voraces. E creo que non se aprendeu gran cousa. Había que tomar medidas, pero todo quedou en palabras e, na realidade, non se fixo nada. Cinco anos despois, no 2022, se deron os lumes máis grandes de Galicia: 11.800 hectáreas no Courel, máis de 10.000 en Valdeorras… E pasou o mesmo. Moita palabrería pero nada máis. E agora temos diante de nós os lumes máis grandes da historia de Galicia e de Zamora, que vai converterse no máis grande da historia de España. A cousa é seria e non se está a ter coidado.

Que falla, a extinción ou a prevención?

Os gobernos que temos están poñendo o foco na extinción, e deixando moi no esquezo o tema de prevención, que é a clave de todo isto. En Vigo, por exemplo, anunciouse no 2018 un anel verde, que aínda agora consideramos que é moi necesario. Dixeron que iba a estar feito en catro anos, se presentou o anteproxecto. Pero despois de oito anos, non hai nada feito. O Concello segue botándolle a culpa a Xunta pero realmente non é así. a Xunta dí que paga o anel verde ou que tena a disposición dos terreos. Pero non lle di que ten que expropiar, nin que teña que comprar… so lle dí que ten que ter os terreos. Aí, creo que o Concello ten que traballar coas comunidades de montes para negociar con eles e ceder os terreos. Hai que actuar, e deixar de botarlle a culpa ao terceiro. Asumir responsabilidades.

A unión entre comuneiros fai a forza.

Totalmente. Este ano por primeira vez xuntámonos, porque non éramos conscientes de que isto é moi serio e hai que actuar. A raíz dunhas xornadas en Goián falouse de que había que xuntar forzas, non podíamos ver para outro lado. Entón, Vigo, Val Miñor e Baixo Miño sentamos e tivemos unha reunión para ter un plan de prevención no distrito e coordinación. Demandamos por tanto que todas as institucións, Xunta, Concellos, Mancomunidades poñámonos a coordinar.

Recorda esta vaga de lumes ó 2017?

Dende logo. O 2017 foi terrible para os vigueses. Nunca tivéramos un incendio desas características. Este ano, afortunadamente, non tivemos nada, pero en calquera momento vai ocorrer. Pero deuse unha circunstancia naquel tempo. O 30 de setembro do 2017, a Xunta mandou a rúa a 450 bombeiros forestais, sabendo que nese momento tivéramos un verán moi seco. O 15 de outubro se dan os peores incendios da historia de Galicia. Porque se mandou a rúa a 450 persoas sabendo o que podía ocorrer?. Pero é que agora está a circular nas redes sociais e ninguén está a desmentilo, que dende a Xunta están a pedir medios o Goberno para apagar os lumes en Ourense e ten 190 prazas de bombeiros forestais sen cubrir. Iso é unha barbaridade. Non se poden ter prazas sen cubrir nun momento tan necesario.

Está a finalizar o verán pero, Vigo pode estar en risco de incendio?

Tal e como está a situación agora mesmo, nin Vigo nin ningún lado está libre de que ocorra un gran incendio. E o peor e que non estamos a ser consecuentes nin tomamos as medidas oportunas. Dende as comunidades de montes imos comezar a pedir responsabilidades, porque moito se di pero non se executa nada. Alguén ten que asumir esa responsabilidade. Non sei se ten que ser o conselleiro de montes, o concejal de Vigo ou o propio alcalde, pero alguén ten que asumir as responsabilidades de non ter feito nada.

Esa é a máxima reivindicación agora mesmo da Mancomunidade de Montes de Vigo?

Sí, porque demandamos a anel verde, actuacións dende fai dez anos… A raíz dos lumes do 2017 foi cando o conselleiro asumiu que había que facer ese anel verde, que tamén foi un compromiso do alcalde en 2018. Pero non se fixo nada. Nós, consideramos que é imprescindible, que tal como están as cousas en Ourense, ardendo un montón de fogares, é unha barbaridade que pode pasar aquí. A xente está a quedar sen vivenda, sen gando… Está a perdelo todo. Temos que ter o anel verde e pegalo o máximo posible as vivendas dende Saiáns hasta Teis. Ten que estar desbrozado todo e con especies autóctonas que nos den garantías de que a xente pode vivir tranquila nese espazo. Para que non teñamos que lamentar, temos que previr, e hai comunidades de montes en Vigo que están a facer un traballo impresionante. Teñen as defensas ben preparadas por se hai un lume. Saiáns, Coruxo, Teis… Están a traballar moi duro e esas comunidades son as que hai que apoiar e animar a que sigan facendo cousas coma esas.