Faro de Vigo recolle en portada a creación da Fundación Montes de Vigo 2046

Portada da edición do Faro de Vigo de 24/4/26

Ven nova completa AQUI

A Fundación Montes de Vigo 2046 dá un paso adiante para implicar á sociedade no coidado do monte

A Mancomunidade de Montes de Vigo continúa avanzando na creación da Fundación Montes de Vigo 2046, unha iniciativa clave para garantir o futuro dos montes veciñais e reforzar o seu papel como infraestrutura verde esencial para a cidade.

Segundo recolle un recente artigo de Faro de Vigo , o obxectivo da fundación é articular un espazo de colaboración entre comunidades de montes, administracións públicas, empresas e sociedade civil, co fin de asegurar financiamento estable para a xestión e mellora destes espazos.

Un patrimonio estratéxico para Vigo

Os montes veciñais de Vigo suman 1.606 hectáreas, o que representa arredor do 15% do territorio municipal e máis do 70% da súa superficie forestal . Trátase dun sistema clave para o benestar da cidade, tanto pola súa función ambiental como polo seu uso social.

A súa xestión require recursos importantes, estimándose necesidades de investimento próximas ao 1,5 millóns de euros anuais .

Un modelo baseado na corresponsabilidade

A fundación nace cun enfoque innovador: implicar a todos os actores que se benefician dos servizos ecosistémicos dos montes.

  • Cidadanía: como usuaria directa e tamén participante a través de voluntariado, microfinanciación ou iniciativas de ciencia cidadá.
  • Administracións públicas: cun papel clave como reguladoras, financiadoras e beneficiarias.
  • Empresas e entidades sociais: mediante patrocinio, alianzas e programas de responsabilidade social.
  • Universidade e centros de coñecemento: achegando soporte técnico e científico.

Este modelo busca consolidar un ecosistema colaborativo que permita manter no tempo os servizos que os montes ofrecen á sociedade .

Un reto de interese xeral

A creación da fundación responde a unha idea central: o coidado do monte é unha responsabilidade compartida. Aspectos como a prevención de incendios, a calidade ambiental ou os espazos de lecer benefician ao conxunto da cidadanía e, polo tanto, requiren dunha implicación colectiva.

Neste sentido, a iniciativa encaixa co traballo desenvolvido no marco do proxecto Montes de Vigo 2046, orientado a valorizar os servizos ecosistémicos e garantir a súa sustentabilidade a longo prazo. O proxecto foi financiado pola Fundación Biodiversidade del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación e Transformación e Resiliencia. (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.