Descubrindo as herbas de San Xoán nos montes de Vigo 2026 (2ª edición)

Participantes na 1ª Edición

A Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coa Comunidade de Montes de Beade organiza unha acción formativa co obxecto de afondar no coñecemento dos recursos que ofertan os montes.

Trátase da 2ª edición e será dinamizada por MycogaliciaPlantae. O programa consta dunha charla de iniciación e posteriormente unha saída de identificación e recollida.

Programa aberto dirixido aos Amig@s dos Montes de Vigo. Límite de prazas: 25

Data, hora e lugar: sábado 20 de xuño, de 10 a 13 horas, no Parque Forestal de Beade (AQUI)

Achega por participante: 10€ (no momento de rexistro en Beade)

INSCRICIÓN NESTE ENLACE (ata venres 19, 12h)