II edición do Curso de capacitación en xestión micolóxica de peóns forestais

Neste mes de maio ten lugar a II edición da acción formativa "Xestión forestal sostible e especialización en recursos micolóxicos" prevista dentro das accións do proxecto "Montes de Vigo 2046".

Un total de 18 peóns forestais da Mancomunidade de Montes de Vigo e das comunidades asociadas participan no curso, onde se dará formación teórica en torno a importancia da sostibilidade na xestión forestal e, particularmente, no eido da xestión micolóxica. Abordaranse tamén técnicas de manexo forestal e de xestión micolóxica, para finalmente facer prácticas reais de deseño dun xardín micolóxico e micorrización en diversos espazos dos montes de Beade.

Sesión teórica
Sesión práctica de micorrización

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU