Resumo das intervencións do Presidente da Mancomunidade no programa "Vigo a debate" de Televigo
10/9/2025
Video co corte das diversas intervencións de Uxío González no tocante a aspectos específicos dos incendios nos montes de Vigo.
O programa "Vigo a debate" abordou o tema dos incendios forestais deste verán en Galicia e como afectan á comarca de Vigo. Na mesa estiveron presentes:
- Juan Picos, subdirector da Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo
- Xan Lois, bombeiro forestal do distrito forestal Vigo-Baixo Miño
- Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes
- Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo
Entre os temas abordados recolléronse as causas dos lumes e propostas de solucións. Tamén se analizaron as medidas presentadas no día de onte no Parlamento por parte do Presidente da Xunta de Galicia, así como aspectos específicos que afectan a área metropolitana de Vigo.
A continuación recóllense os enlaces á Youtube con toda o programa (PARTE 1 e PARTE 2)