Mesa redonda "Incendios forestais: a percepción social do monte"

Incendios forestais: a percepción social do monte, diagnóstico e solucións en Vigo
O venres 8 de maio celebrouse no Edificio Redeiras da Universidade de Vigo a xornada “Incendios forestais: a percepción social do monte. Diagnóstico e solucións”, un encontro aberto á cidadanía para analizar unha das cuestións máis relevantes do territorio galego: a relación entre sociedade, monte e lume.
A actividade ofreceu unha visión ampla sobre os incendios forestais, abordando tanto as súas causas estruturais como a maneira na que a poboación percibe o monte, os seus usos e a necesidade dunha xestión sostible e preventiva.
Os incendios forestais non son só unha emerxencia ambiental. Son tamén un fenómeno social, territorial e económico que require reflexión colectiva, implicación cidadá e novas fórmulas de colaboración entre administracións, comunidades de montes, universidade e sociedade civil.
Nesta xornada púxose uo foco na importancia de recuperar o vínculo social co monte, entender o seu valor como espazo de vida e avanzar cara modelos máis resilientes fronte ao risco de grandes incendios.

Persoas participantes
- Carmen Rodríguez Rodríguez, profesora da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña e coautora do libro Lume, quen achegará unha análise social do fenómeno dos incendios forestais en Galicia.
- Uxío González Pérez, presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, que trasladará a experiencia dos montes veciñais periurbanos e os retos da prevención na contorna viguesa.
- Xosé Antón Arauxo Rodríguez, presidente da Comunidade de Montes de Couso, incluída no rexistro ICCA da ONU, quen presentará a visión da xestión comunitaria como ferramenta de conservación e defensa do territorio.
Presenta: Santiago Domínguez Oliveira.
Resumo da xornada
A xornada ofreceu unha análise profunda dos incendios forestais en Galicia desde unha perspectiva sociolóxica, afastándose do enfoque puramente técnico ou biolóxico. O punto central foi a crítica a un modelo de xestión que ignora o coñecemento local e a experiencia das comunidades que habitan o territorio.
A través da presentación do libro "Lume: Análise social dos Incendios Forestais" e do debate posterior,subliñouse a urxencia de adoptar un enfoque de "coprodución decoñecementos", onde a participación cidadá, a colaboración entre todos osactores (administracións, propietarios, comunidades) e a educación sexan os piares fundamentais.
Propúxose un cambio de paradigma cara a unha xestión circular e integrada (prevención, extinción, recuperación) e salientouse a necesidade de fortalecer o asociacionismo e de visibilizar as boas prácticas existentes para construír unha relación máis resiliente e sostible co monte.
O libro propón un decálogo "moi básico pero evidente" baseado na investigación directa:
1. Comunicacióne Escoita na Toma de Decisións: Repensar a xerarquía do coñecemento e reivindicar a importancia dos distintos saberes.
2. Colaboración entre Administracións: Fomentar a colaboración entre distintos niveis da administración, aínda que sexa difícil.
3. Colaboración Público-Privada: Establecer unha colaboración real, onde as Comunidades de Montes son actor principal
4. Papel Principal para Comunidades e Propietarios: Dar protagonismo aos que habitan e sofren as consecuencias no territorio.
5. Fortalecer Valores Sociais, Económicos e Ambientais: Realizar campañas de sensibilización, promover o emprego local e compartir experiencias. Sinalouse que en Galicia se fan moitas experiencias interesantes que non se coñecen porfalta de visibilidade e conexión.
6. Apoiar o Asociacionismo: Fortalecer o asociacionismo de defensa do territorio, que realiza un labor significativo, e conectar estas asociacións entre si e con institucións máis grandes.