O CEIP Párroco D.Camilo colabora cos montes de Comesaña nunha plantación
27/2/2026

Este xoves 26 de febreiro tivo lugar a plantación prevista na Comunidade de Montes de Comesaña na que se plantaron castiñeiros e sobreiras en superficie do monte que fora queimada nos lumes de 2017 e que se está a rexenerar paulatinamente co árbores autóctonas.
A súa vez o alumnado de infantil tivo ocasión de realizar actividades de coñecemento da flora e da fauna que vive no monte e contemplar as vistas panorámicas que ofrece despois de facer unha pequena ruta de sendeirismo.
Esta actividade forma parte do "Programa de educación ambiental e dinamización social" promovido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración coas 14 comunidades de montes membro no marco de "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".
