Montes de Vigo adhirese á Alianza Galega polo Clima

A Mancomunidade de Montes de Vigo ven de ser incorporada como membro da Alianza Galega polo Clima, formando parte dun grupo de máis de 225 empresas, entidades sociais e ambientais e administracións promovido pola Xunta de Galicia no camiño cara logar os Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) e a Axenda 2030.

Dende a Mancomunidade de Montes de Vigo pretendemos con esta participación afondar no compromiso pola mellora do medio ambiente, así como relacionarnos con entidades galegas que teñan este mesmo fin e busquen sinerxias na súa actuación. Arrancamos pois.
Esta actividade conecta co proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” desenvolvido pola Mancomunidade de Montes de Vigo que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU