Montes de Vigo colabora co CEIP Ría de Vigo no proxecto europeo ProBleu

Dentro do proxecto europeo ProBleu concedido a nivel de España ao CEIP Ría de Vigo, tivo lugar a presentación das actuacións realizadas durante o curso. Este acto enmarcouse dentro da Xornada de presentación da Rede de Escolas Azuis de Galicia (ver cartel de presentación AQUI)
Colaboración de Montes de Vigo xunto coas comunidades de montes de Oia e Saiáns
As colaboracións deste ano consistiron nunha charla sobre os regatos das parroquias de Oia e de Saíans que desembocan no mar, presentados como un exemplo da contribución dos montes á biodiversidade e á actividade humana das parroquias. Posteriormente tivo lugar unha visita de campo, achegándose aos muíños de Gontade e o seu entorno (en Oia), así como ao nacente do regado de Saiáns e a fraga que aparece no seu decorrer. Durante a sesión presentouse un video no que se recollen estas actividades.

