Montes de Vigo entrega os agasallos medioambientais do XVII Certame de Pintura Vigolandia'25

Como todos os anos, a Festa do Nadal organiza un certame de pintura entre os escolares de primaria de Vigo. Participan máis de 5000 rapaces e rapazas e de entre eles se fai unha distinción a 65, coa correspondente entrega nun acto presidido polo Alcalde de Vigo e coa presenza da vogal de Montes de Vigo, Tania Ulloa.

Nesta edición, a Mancomunidade de Montes de Vigo participou tanto no evento de Nadal, a través dun espazo divulgativo dos valores dos montes de Vigo, así como nos agasallos aos participantes tal e como se recolle no correspondente diploma.
Tal e como se recolle nel, a actividade terá lugar no primeiro sábado de febreiro que non chova, co seguinte programa:
Lugar de encontro: Na entrada do IFEVI
Actividade: rastrexo na Comunidade de Montes de Cabral, con distintas probas distribuídas nun circuíto polo monte
Duración aproximada: 2 horas, de 16:30 a 18:30
Participación: familias dos/das gañadores da distinción.
Agradécese confirmación previa en servizos@montesdevigo.org ou en 608 046 047.
