Montes de Vigo estará presente en Vigolandia dende o 26 ao 30 de decembro

Montes de Vigo ten previsto a súa presenza como nestes últimos anos cun stand no que se vai a dar a coñecer a oferta de actividades que se poden realizar nos parques forestais e nos sendeiros trazados, e reproducir algunhas delas no stand: semilleiro de árbores autóctonas, obradoiros e photocall.

Nesta edición daremos a coñecer tamén o proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor", que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

Máis información de Vigolandia 2024 neste ENLACE