Montes de Vigo estivo presente na manifestación no Ulloa opóndose á macroplanta de Altri

Uxío González coa delegación da Mancomunidade de Montes de Vigo

O Presidente de Montes de Vigo xunto con representantes de diversas comunidades de montes de Vigo quixeron apoiar á Plataforma por unha Ulloa Viva na manifestación celebrada este domingo 26 de maio dando cumprimento así ao mandato da Asemblea celebrada 8 de abril de rexeitamento da macroplanta prevista instalar na Ulloa por Altri.

Máis información nesta nova de Praza Pública (ver AQUI) diante do ninguneo mediático á manifestación con milleiros de asistentes.

Con este xesto tamén se quere trasladar á sociedade viguesa a preocupación pola desconexión dos representantes políticos coa realidade que lle toca atender nas súas distintas dimensións e que no caso de Vigo ten que ver co compromiso por insertar o Anel verde que conforman os montes de Vigo nas infraestruturas verdes.