Montes de Vigo estivo presente no encontro "Conservar en común" en Valladolid
14/3/2026

“Conservando en común: gestión comunal y reconocimiento internacional”, unha reunión para reflexionar sobre o papel da xestión comunitaria nos nosos territorios e o valor das comunidades locais na conservación. Falouse das ICCA (Áreas Indíxenas e Comunitarias Conservadas) e o seu recoñecemento internacional a través do Rexistro das ICCA das Nacións Unidas.
Na xornada estiveron presentes Uxío González en calidade de presidente da Comunidade de Montes de Saiáns (e tamén presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo) e Eduardo García en calidade de presidente da Comunidade de Montes de Teis.
