Montes de Vigo participa na III COP da Alianza Galega polo Clima

O Presidente de Montes de Vigo na III COP da Alianza Galega polo Clima

Na Asemblea da Alianza Galega polo Clima celebrada en Vigo abordouse o traballo realizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en relación coa Lei do Clima e o Sistema voluntario de créditos de carbono de Galicia que próximamente se publicará no DOG. Tamén se fixo balance do traballo do último ano de traballo da Alianza.

Montes de Vigo entre as entidades incorporadas á Alianza Galega polo Clima en 2025

Dende o punto de vista de Montes de Vigo a sesión puxo de manifesto que para as Comunidades de Montes periurbanas de Vigo aparecen novas oportunidades para abordar a xestión forestal incorporando os servizos ecosistémicos que estas aportan á cidadanía, particularmente os que teñen que ver co refuxio climático que exercen e o sumidoiro de carbono que realizan, na liña da investigación que se está a realizar no proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor". Claramente ábrese un período de diálogo con Administracións e sector empresarial para alinear os traballos para lograr os obxectivos de adaptación ao cambio climático.

Esta actividade conecta co proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” desenvolvido pola Mancomunidade de Montes de Vigo que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU