Montes de Vigo participa nos Encontros do Circulo de Empresarios sobre Emprego Verde

Na xornada organizada polo Círculo de Empredarios de Galicia e presentada por Zeres Abogados, participou Angeles Cancela (Directora da Escola de Enxeñería Forestal de UVigo), Elena Hernández (Investigadora de CITIC da UdaCoruña) e Javier Silleda (Bombeiro foestal). Analizous a xeración de emprego verde a carón do monte galego e a necesidade de afondar neste nicho de emprego con gran potencial.

Ponentes na Xornada

Por parte de Montes de Vigo deuse a coñecer a realidade de emprego no monte periurbano de Vigo, moi condicionado porque a meirande parte do monte adícase a uso social. Nestes últimos anos tense contratado ata 30 persoas anuais, durante parte do ano, pero sen ter capacidade de afianzar o traballo por tratarse dunha entidade sen ánimo de lucro e depender en boa parte de programas públicos anuais e orientados a mantemenento de servizos ecosistémicos recreativos e de mellora do monte e prevención de incendios. Precisamente para consolidar estes empregos estase traballando na configuración dun esquema de financiamento estable no tempo e apoiado na creación da Fundación Montes de Vigo 2046.