Montes de Vigo participou nas Xornadas "As comunidades de montes fronte aos grandes incendios"

O proxecto FirePoctep+ (ENLACE) liderado pola Universidade de Vigo está analizando como abordar os grandes incendios forestais en España e Portugal e está realizando un estudo específico de cara a localizar áreas estratéxicas no Baixo Miño. Neste marco, a xornada realizada este sábado 31 de maio en Goián permitou coñecer de preto o proxecto e debater como nos afectan estes grandes incendios á estratexia que as comunidades de montes veciñais en man común deben adoutar a futuro.

As intervencións de Juan Picos e Laura Alonso presentaron os primeiros resultados do proxecto e algunhas recomendacións claras.


O director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, analizou os incendios vividos nas últimas décadas chegando á conclusión que se lograron conter o número de incendios forestais pero que dende 2017 aparece unha nova realidade: os incendios do territorio asociados aos cambios climatolóxicos, e que xa superarn a dimensión forestal e require un enfoque global.

Adrián Regos, da Misión Biolóxica de Galicia, presentou un traballo relacionado coa modelización de territorios máis resilentes aos incendios forestais, propondo abordar dun xeito combinado as actuacións para a prevención dos lumes.

Pola tarde, tivo lugar unha mesa redonda coa experiencia das comunidades de montes do Distrito Forestal XVIII e na que aparte de narrar a situación vivida ante distintos incendios, afondouse en como buscar unha planificación de prevención de incendios de Distrito tal e como avoga o borrador de Lei de Incendios en trámite e que busca aliñar as actuacións de Administración autonómica, Administración Local e propietarios. Neste contexto as Comunidades de Montes e as Mancomunidades de Montes deberían ter un papel determinante na medida en que, polo menos no Distrito Forestal XVIII, claramente teñen un protagonismo importante
