Montes de Vigo preséntase na Alianza Galega polo Clima

Nesta sesión participativa reuníronse asociacións, fundacións, colexios profesionais… membros desta Alianza para identificar, compartir e analizar os principais retos e necesidades aos que se enfrontan en materia de cambio climático.

O propósito do encontro foi comprender mellor as realidades de cada entidade e explorar como, desde a Alianza Galega polo Clima promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pode ofrecer apoio efectivo para impulsar proxectos, fortalecer capacidades e avanzar en accións climáticas coordinadas.

No marco deste Encontro de Asociacións, a Mancomunidade de Montes de Vigo fixo unha presentación da estratexia "Montes de Vigo 2046" que está a desenvolver a partir do proxecto de análise e planificación realizada durante 2024-25 co financiamento da Fundación Biodiversidade. De seguido preséntase:

- o video da citada presentación: ENLACE

- a Revista que recolle o traballo realizado: ENLACE