Montes de Vigo presente no I Encontro do Observatorio dos Montes en Man Común

O encontro congregou a 80 representantes de Comunidades de Montes Veciñais en man común, de Mancomunidades de Montes, de investigadores das universidades galegas. O obxectivo foi a posta en común de boas prácticas e investigacións sobre o sector "para o mellor coñecemento da creación de valor social das comunidades e o desenvolvemento de boas prácticas”, explica o docente Xavier Martínez Cobas, agradecendo tamén a implicación das fundacións Juan de Vega e Isla Couto. Ver programa AQUI
Na primeira mesa redonda abordáronse os "Servizos ecosistémicos do monte comunal", onde presentáronse experiencias relacionadas coas actuacións que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación forestal está a facer directamente ou vía promoción, co proxecto Life in Common Land e co traballo realizado pola Comunidade de Montes de Vincios. No coloquio a Mancomunidade de Montes de Vigo deu a coñecer o traballo que se está a realizar nestes sentido no marco do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor", así como o feito de que catro comunidades de montes da Mancomunidade veñen de certificar servizos ecosistémicos recreativos e hídricos.

Esta actividade conecta co proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” desenvolvido pola Mancomunidade de Montes de Vigo que conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU