Montes de Vigo Sur - creación Agrupación Forestal de Xestión Conxunta e exposición de parcelario

A Asociación Montes de Vigo Sur, con CIF G70789573 foibeneficiaria dunha axuda para acreación dunha agrupación forestal de xestión conxunta (Expte. 27360001/2024)ao abeiro da seguinte Orde: ORDE do 20 dedecembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, enconcorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais dexestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan derecuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola UniónEuropea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código doprocedemento: MR608F).
Os montes veciñais da zona sur de Vigo contan con numerosasparcelas catastrais tanto enclavadas coma perimetrais de propiedade particularcuxa xestión da biomasa é deficiente convertendo a zona nun posiblefoco favorecedor da propagación de lumes. Os obxectivos da creación da AFXC Montesde Vigo Sur son mobilizar ditos terreos forestais, apoiar a xestiónforestal conxunta e sustentable priorizando o seu papel como refuxio dabiodiversidade e a importancia que presenta en servizos fundamentais para avida, restaurar e conservar os ecosistemas forestais priorizando os modelossilvícolas adecuados para o desenvolvemento de masas de frondosas autóctonas e protexer ao monteveciñal e á poboación dos lumes forestais.
A creación dunha AFXC implica analizar a cartografía previa da superficie da iniciativa co finde poder establecer o perímetro final de xestión conxunta. O perímetro propostodebe ser exposto publicamente para que todas as persoas afectadas poidanachegar consultas ou alegacións ao respecto.

Por este motivo, a Asociación Montes de Vigo Sur, SOLICITA
Que sexa exposto no Taboleiro de anuncios do Concello estedocumento e os planos achegados co obxecto de dar a coñecer a iniciativa de agrupación que se está adesenvolver na parroquia de Saiáns (Vigo). Nosplanos pode consultarse a superficie confirmada que vai participar nainiciativa, en cor verde, así como aquela que non participa, en cor vermelloclaro, ben por rexeitar a proposta de entradana agrupación, ben por non ser posibleo acordo de tódolos copropietarios ou ben por non ser posiblelocalizar aos seus donos.
Ao longo dos 30 días seguintes á data de publicación notaboeiro de anuncios do Concello de Vigo, aquelas persoas que queiran aclararcalquera tipo de circunstancia con respecto a esta iniciativa, ou ben facer calquera tipo de reclamación por sentirse prexudicado pola mesma, poderánfacelo a través da dirección de correoelectrónico: afg@asociacionforestal.org, ou ben asistindo en persoa a reunión que se celebrará o día 3 de xullo de 2025,ás 18h00’, no edificio da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo deSaiáns, situado na Rúa da Eira Vella nº 4, Saiáns.
DOCUMENTACIÓN ACHEGADA
Plano 1. Superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta. Parcelario de catastro.

Plano 2. Revisión xeométrica e topográfica de predios non coincidentescoa cartografía catastral.
