Montes que nunca (o casi nunca) arden
%20recorte%20Vigo.jpg)
O Faro de Vigo recolle catro experiencias de Galicia para combatir os incendios. Pódese ver na web (AQUI) ou na transcrición (AQUI)
En todos os casos hai traumas vividos previamente así como a posta en valor do territorio con iniciativas de cooperación entre os propietarios do territorio.
No caso de Vigo abórdanse os casos de Saiáns e Coruxo onde se está apostando polas frondosas como estratexia para evitar os incendios que asolen con todo o monte comunal. Tamén se reclama que as administracións competentes na área de defensa estratéxica (Xunta de Galicia) e na franxa de defensa pasiva (Concello Vigo) asuman as súas obrigas e leven a termo os proxectos anunciados e non executados. En verbas de Uxío González, Presidente da Mancomunidade de Montes de Vigo, "Hai xente que, vendo o que está pasando en Ourense, todavía non é consciente do que pode chegar a facer o lume: trátase dun tema moi serio"