Nos parques forestais de Vigo con asadores homologados pódese facer churrasco durante o verán
Durante o verán os 17 Parques Forestais e Áreas Recreativas dos montes de Vigo son unha alternativa para o ocio familiar e o encontro coas amistades, tanto da cidadanía de Vigo como de moitos visitantes que veñen doutros lugares, converténdose nun auténtico refuxio climático para os días de intenso calor.
Por motivo do risco de incendios, a normativa vixente impide facer unha das actividades estrela nestes espazos recreativos: a churrascada. Por este motivo, no estudo realizado pola Universidade de Vigo, detectouse unha menor afluencia motivada a este feito.
Diante desta situación, as Comunidades de Montes de Beade e Saiáns e a Entidade Local Menor de Bembrive optaron por dotar aos seus parques de asadoiros homologados, que están autorizados pola Consellería de Medio Rural para esta actividade por cumprir cuns requisitos específicos, así como lembrar á cidadanía que existe esta posibilidade -sempre que o risco do IRDI non sexa moi alto ou extremo-, así como facer picnic e outras actividades propias dos parques forestais.
Campaña de asadoiros homologados en prensa
Entrevista no "Termómetro" da TVG o 23/7/25 (ver AQUI)
Artigo no "Faro de Vigo" o 20/7/25
.jpg)
Precisamente este enfoque de infraestructuras verdes con servizos completos nun entorno periurbano é unha das liñas de estudo que a Mancomunidade de Montes de Vigo está realizando en colaboración coa Universidade de Vigo dentro do proxecto "Montes de Vigo 2046" e que conta coa financiación da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.