O BNG presenta unha moción ao Pleno municipal de Vigo para protexer e valorizar os montes como "pulmón verde" da cidade

Segundo recolle a web do BNG de Vigo, o vindeiro luns 29 de xuño será presentada unha moción no Pleno municipal con medidas para protexer e valorizar os montes como “pulmón verde” da cidade (VER DOCUMENTO). Boa parte destas propostas baséanse nas conclusións do proxecto “Valorización e xestión sustentable dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo”, financiado pola Fundación Biodiversidade e presentadas o 10 de decembro de 2026 (VER ENLACE)
O BNG "demanda máis medios para reforzar a conservación, accesibilidade e valorización do principal patrimonio ecolóxico e social da cidade. Propón a declaración de Vigo como “cidade libre de eucalipto” e outras especies pirófitas, que o Concello destine 1 millón de euros anuais para atender os montes, un plan de accesibilidade, un programa de patrimonio e mais actividades de sensibilización". En verbas do concelleiro Xabier P. Igrexas: “O modelo de apagar lumes no verán e aplicar parches improvisados está totalmente esgotado, cómpre unha estratexia de prevención estrutural e ordenación cunha visión de futuro”. Ver moción na WEB DO BNG VIGO