O CEIP Párroco D.Camilo planta nos montes de Comesaña

Alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria do CEIP Párroco D.Camilo

Este martes 25 de marzo por fin poido realizarse a plantación prevista na Comunidade de Montes de Comesaña na que se plantaron sobreiras en superficie do monte que fora queimada nos lumes de 2017 e que se está a rexenerar paulatinamente co árbores autóctonas. A súa vez tiveron ocasión de realizar actividades de coñecemento da flora e da fauna que vive no monte e contemplar as vistas panorámicas que ofrece despois de facer unha pequena ruta de sendeirismo.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades que a Mancomunidade de Montes de Vigo ten conveniado con Vegalsa-Eroski para achegar o monte ao alumnado dos centros educativos das parroquias que contan con monte veciñal en man común, co obxecto de que coñezan a riqueza que estes montes aportan á sociedade e participen na súa dinámica. Máis información na solapa MVigo na Escola (AQUI)

Esta actividade conecta do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU