O Club de Ciencias do IES de Beade presente en CinVigo cun proxecto de micoloxía no que colabora Montes de Vigo

O alumnado do Club de Ciencias do IES de Beade presentou o traballo "Como crecen os fungos?" dentro da III feira da ciencia na rúa CinVigo que se celebrou este fin de semana na Porta do Sol. No stand poidose comprobar cal foi o traballo realizado.
A Mancomunidade de Montes de Vigo colaborou neste proxecto a través de charlas no instituto e saídas de campo ara realizar micorrización nos montes de Beade. Resultou moi interesante introducirse no universo fungi e froito deste interese profundixouse con experimentos diversos.

O proxecto "Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo" conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
