O Club Peña Trevinca recoñece a Montes de Vigo na súa cea anual
1/3/2026

O Club Peña Trevinca celebra o seu 82 aniversario e como todos os anos realiza a súa tradicional cea do socio. Nesta edición recoñeceu a colaboración de dúas entidades: a Mancomunidade de Montes de Vigo e a Comunidade de Montes de Tameiga.
No acto, que foi inaugurado pola Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, púxose de manifesto a importancia de manter infraestructuras verdes ou sendeiros locais como os existentes nos montes de Vigo para a práctica de actividades na natureza como o sendeirismo.
Dende Montes de Vigo agradecemos este recoñecemento, que reforza a colaboración entre entidades deportivas e comunidades de montes na posta en valor dun patrimonio natural que é de toda a cidadanía.
