O Grupo Pereira participa nunha xornada micolóxica nos montes de Saiáns

Equipo do Grupo Pereira conxuntamente con directivos de Montes de Vigo

A actividade enmárcase no convenio de colaboración entre Grupo Pereira e a Mancomunidade de Montes de Vigo en virtude do cal se dinamizou durante todo o verán o Parque Forestal de Saiáns, promovendo o Kiosko durante as fins de semana, recuperando os baños públicos e implantando un panel informativo. Esta iniciativa, a súa vez, está vencellada coas experiencias de implicación do sector empresarial na dinamización dos servizos ecosistémicos que os montes ofrecen á cidadanía viguesa no marco do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".

A sesión permitiu achegar o mundo da micoloxía aos participantes e, dado o nivel avanzado dalgúns dos mesmos, afondar na temática e poder analizar algúns casos curiosos. Tamén permitiu dar a coñecer aos participantes os proxectos que Montes de Vigo está a impulsar no tocante á dinamización das infraestruturas verdes e de coutos micolóxicos.

Accedendo ao souto no que tivo lugar a actividade

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU