O Plan Xeral aconsella correxir as emisións de gases de efecto invernadoiro
No artigo elaborado por Pedro Rodríguez para a Voz de Vigo (ver ENLACE) recóllese que Vigo "registra niveles por encima de lo recomendable en dióxido de nitrógeno, ozono y partículas en suspensión. El tráfico es el principal problema".
Isto nun contexto de que segundo os técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia "cumpre con todos os requisitos definidos pola lexislación aplicable para manter unha axeitada calidade do aire" pero que "exceden en exposición de contaminantes os límites recomendados pola Unión Europea e a OMS", podendo "a calidade do aire na cidade ser perxudicial para os veciños"
Entre as recomendacións efectuadas polo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo (PXOM) atópase a "ordenación dos cháns rústicos, en especial dos que acollen usos forestais, que garantizan un simideiro de gases contaminantes que contribúen á mitigación das consecuencias do cambio climático global". Precisamente nesta liña están os estudos que se están realizando neste momento no proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" por parte do Departamento de Ecoloxía Ambiental da Universidade de Vigo e que como se avanzou supoñen unha absorción de 144.000 toneladas de carbono.
Claramente é preciso unha estratexia coordinada entre Administracións públicas e as 14 Comunidades de Montes de Vigo para definir liñas de actuación encamiñadas a cumprir coas recomendacións do PXOM.
A investigación citada forma parte do proxecto "Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo" conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
ARTIGO NA VOZ DE GALICIA
.jpg)