O público visitante ao stand de Montes de Vigo en Vigolandia interésase polos beneficios que aportan os montes á cidadanía

No día de hoxe arranca a feira navideña "Vigolandia24" na que a Mancomunidade de Montes de Vigo ven participando asíduamente. Co motivo de dispór dun lugar de xogo, preparouse un stand que combinan xogos propios dos parques forestais con manualidades relacionadas con motivos navideños e con exposicións asociadas ao proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor".

Durante a feira está aberta unha enquisa sobre os beneficios que aportan os montes de Vigo á sociedade. Pódese cubrir AQUI.

Con ela e co estudio que está a realizar o grupo de investigación de Bioloxía Ambiental da UVigo pretendese avaliar os servizos recreativos que se están a prestar na superficie dos montes de Vigo. Máis información AQUI. O proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU