Oferta de emprego de Montes de Vigo - Xaneiro 2025

A Mancomunidade de Montes de Vigo, ao abeiro da Convocatoria de Subvencións para o Fomento de Emprego de ESAL 2025 do Concello de Vigo, abre unha oferta de emprego ata o día 31 de xaneiro, ata as19:00, para 2 Peóns forestais con contrato a xornada completa.
Requisitos xerais: Empadroado en Vigo antes do 1.1.2023. Inscrición como demandantes de emprego no SPEG. Posuír o perfil para o posto solicitado
Outros requisitos: Experiencia no uso de maquinaria de traballos forestais. Formación de peón forestal e en traballos forestais ou asimilados. Cercanía ao lugar onde se desenvolven os traballos
Documentos a entregar: DNI, Tarxeta de desemprego actualizada, Padrón, Curriculum Vitae detallando o nivel de coñecemento dos Montes de Vigo e os traballos realizados nestes nos últimos 3 anos. A non presentación da documentación indicada é motivo de exclusión no proceso de selección.
Enderezo de envío ou entrega da documentación: os curriculums hanse de remitir ao correo electrónico montesdevigo@gmail.com ou presentar presencialmente no local da Secretaría da Mancomunidade de Montes de Vigo (Rúa Eira Vella 4, Saiáns) (premer en Google Maps)
