Os montes de Cabral acolleron o rastrexo medioambiental para os gañadores do XVI Certame de Pintura Vigolandia'24

Momento de presentación dos servizos ecosistémicos dos montes de Vigo

Os 27 participantes agrupados en familias seguiron as pistas distribuídas a longo do monte de Cabral situado na parte traseira do IFEVI (Instituto Feiral de Vigo), coñecendo as características do lugar. Tamén houbo tempo para realizar distintos xogos populares e en definitiva pasar un momento agradable en compañía de una nutrida representación de gañadores do XVI Certame de Pintura Vigolandia'24.

Esta actividade forma parte do proxecto “Valorización e xestión sostibles dos servizos ecosistémicos mancomunados dos montes periurbanos de Vigo” e conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU