Os montes de Candeán acollen actividades de Femxa e Vigo Entrena

Arranca o mes de xuño con múltiples actividades nos montes de Vigo por parte de entidades deportivas, grupos de amigos, empresas colaboradoras, etc. Trátase dunha manifestación dos servizos recreativos que aportan á sociedade viguesa.

A modo de exemplo, esta mañá no Parque Forestal de Vixiador confluíu unha acción de voluntariado de Femxa e unha actividade de marcha nórdica de Vigo Entrena.

Actividade de recollida de microbasura por parte de Femxa na campaña de Basuraleza de Ecoembes

O grupo de voluntarias e voluntarios de Femxa recolleron arredor de 15kg de basura no entorno do Parque Forestal de Vixiador. Trátase de microplásticos e basura que os servizos de limpeza non detectan na súa labor ordinaria. Este proxecto de Basuraleza encádrase dentro da campaña promovida por Ecoembes. O resultado queda á vista.

Basuraleza recollida no Parque Forestal de Vixiador polo voluntariado convocado por Femxa

Este mesmo sábado un grupo de deportistas de Vigo Entrena, con Jorge ao frente, realizaron unha sesión de marcha nórdica no entorno do Parque Forestal de Vixiador, gozando das pistas que atravesan o parque e das agradables sombras.

Deportistas de marcha nórdica nunha actividade promovida por Vigo Entrena