"Unha árbore, unha historia": primeira actividade do convenio con Vegalsa-Eroski
18/3/2024
Arranca o programa de actividades "Os montes de Vigo na Escola" desenvolvido pola Mancomunidade de Montes de Vigo en colaboración con Vegalsa-Eroski.
A primeira actividade foi "Unha árbore, unha historia", na que o alumnado do CEIP Coutrada-Beade participou activamente a través do 8º concurso literario sobre esta temática, e posteriormente levou a cabo unha plantación de 50 castiñeiros nos montes de Beade.
![](https://cdn.prod.website-files.com/65edc609e19fb241d0c6b056/66020b6c594690027863c546_Arbol%20historia%20Vegalsa.jpg)
A mañá foi propicia para reflexionar sobre a importancia dos nosos montes na comunidade que nos rodea e en que entre todas e todos podemos contribuír a conservala con pequenos xestos como o realizado coa plantación dunha árbore con motivo do Día da árbore que se celebra precisamente mañán.
![](https://cdn.prod.website-files.com/65edc609e19fb241d0c6b056/66020b73f8cbcc407a4912e8_IMG-20240320-WA0015.jpg)