Plantación Mi Mamá es Lista na Comunidade de Montes de Matamá

Un ano máis tivo lugar a plantación solidaria nos montes de Matamá promovida pola tenda Mi Mamá es Lista, e xa van seis anos consecutivos.

Na actividade participaron 23 persoas de tódalas idades, cunha nutrida presenza de menores algúns deles de poucos meses.
En total plantáronse 60 sobreiras e outras árbores autóctonas. Súmanse en total preto de 1000 árbores prantadas grazas a esta acción de responsabilidade social corporativa na que a tenda leva comprometida dende os fatídicos lumes de outubro de 2017.
Aproveitouse a ocasión para explicar o proceso de restauración do monte queimado por parte da Comunidade de Montes de Matamá, así como algúns dos servizos ecosistémicos que proporcionan estes montes á cidadanía, particularmente en recuperación da biodiversidade e servizos recreativos e paisaxísticos.

No seguinte ALBUM recóllense imaxes da agradable actividade.
De seguido un resumo:


