Prácticas de micorrización no curso de xestión micolóxica de Montes de Vigo 2046

Na terceira sesión do curso iniciáronse as prácticas coa micorrización de boletus edulis e lactarius deliciosus nunha parcela habilitada pola Comunidade de Montes de Beade.

O alumnado puido por en práctica as nocións teóricas previamente tratadas e experimentar as técnicas de micorrizado en montes con piñeiros e con carballos. Tamén se afondou nas particularidades de cada micelio manexado. Na xornada de mañá aborarase unha práctica con shitake.

Parcela habilitada e previamente desbrozada para a ocasión

Foi interesante comprobar como o lugar é propicio para os traballos de micorrización na medida en que se atoparon cogomelos nestas datas de maio tal e como se recolle nas seguintes imaxes