Presentada a Xornada sobre os Grandes Incendios Forestais organizadas polas mancomunidades de montes de Pontevedra

Representantes das mancomunidades de Val Miñor, Morrazo, Vigo e Baixo Miño organizadoras da Xornada

As Mancomunidades de montes de Baixo Miño, Morrazo, Pontevedra, Val Miñor e Vigo presentaron en Rolda de prensa o programa da Xornada de intercambio “Os retos dos Grandes Incendios Forestais nas Comunidades de Montes de Pontevedra”.

O acto celebrado no Hotel Cidade de Vigo este martes 14 de outubro diante de varios medios de comunicación permitiu explicar os motivos polos que se organizan estas xornadas, os obxectivos que pretenden e o programa previsto tal e como se recolle de seguido.

Tamén serviu para invitar aos directivos das comunidades de montes da provincia de Pontevedra a asistir ás mesmas para intercambiar pareceres e estratexias de futuro. Inscrición AQUI

Intervencións: Uxío González (Vigo), José Palacios* (Baixo Miño), Chon Caamaño (Morrazo) e Alvaro Lores (Val Miñor)

* Nesta intervención detállase o programa da Xornada

Resumo de Prensa: Televigo, Voz de Galicia e Atlántico Diario

RESUMO DO PROGRAMA

Obxectivos: 

- Analizar a problemática dos GIF no territorio de Pontevedra e as implicacións que teñen para as comunidades de montes na súa planificación plurianual.

- Avaliar a situación por parte das cinco mancomunidades -con máis de 70 comunidades de montes asociadas- e definir propostas de acción coordinadas.

Programa:

9:30 Grandes incendios forestais: cambio de paradigma na xestión do territorio.

Francisco García e Daniel Canosa, Fundación Juana de Vega

Juan Picos, Enxeñería Forestal da UVigo e Coordinador de FIREPOCTEP+

10:45 Mesa redonda “Cara a estratexia integral de prevención de incendios nos montes veciñais: propostas arredor de 5 eixos clave”. Debate.

Asociación Forestal de Galicia, Observatorio dos Montes en man común e baldíos e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais

11:45 Pausa Café

12:30 Mesa redonda “A prevención dos Grandes Incendios Forestais: do debate á acción” Debate con representantes das cinco mancomunidades.

13:20 Conclusións da Xornada de intercambio

Data e lugar:

Sábado 18 de outubro. Centro Veciñal e Cultural de Valladares – Vigo

Máis info AQUI