Primeira visita veraniega aos montes de Vigo na Festa da Amizade de Saiáns

Kiosko de Saiáns mentres actúa a Banda de Música

O Parque forestal de Saiáns celebra o seu 40 aniversario por todo o grande cunha ampla participación da parroquia e de todo Vigo. Máis de 500 persoas asistiron a un amplo programa de actividades (ver AQUI) no que as sardiñas, o churrasco, a música e as actividades lúdicas e de educación ambiental permitiron as delicias de todos os públicos. Nesta edición, ademáis, dentro da experiencia piloto patrocinada polo Grupo Pereira, tamén estivo operativo o Kiosko e puxéronse en servizos os baños públicos.

A Comunidade de Montes de Saiáns, que tamén celebra o seu 30 aniversario, organizou en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo unha Saída interpretativa polo novo Roteiro dos miradoiros recén estreado e que forma parte do conxunto de recursos recreativos recopilados no panel recén inaugurado (máis INFO). Esta iniciativa forma parte do proxecto "Montes de Vigo 2046: montes veciñais en valor" que conta coa financiación da Fundación Biodiversidade (MITECO). Algunhas imaxes da saída atópanse de seguido (ALBUM):

RESUME DE PRENSA (20/7/25)

Faro de Vigo (ENLACE XORNAL DIXITAL)

Atlántico Diario (ENLACE XORNAL DIXITAL)